Blogia
Andresadas

A nosa milla verde...

A nosa milla verde...

Todos temos un camiño que percorrer... Unha longa milla verde. Un camiño no que deixaremos a grandes amigos, ou eles nos deixarán a nós... Unha distancia efímera, pero difícir de andar. Un chan cheo de baches e buratos que nos obstaculizarán nas nosas metas.

Cando estemos, nas nosas gaiolas, pechados, sen ningunha saída, soamente cos nosos pensamentos... Entón saberemos como saír dalí para camiñar a eito na milla. Sen presa pero sen pausa. A modiño, pisando no solo coitados. Sen apresurarse. A dozura con que cada un dos teus pés pouse o chan fará que a distancia se che faga máis placentera, menos sórdida... Paseniño. Un longo paso, e logo outro curto. Dous pasos seguidos e logo un fin o que hai que chegar...

Estará alguén esperando ó final do camiño? Se cadra deberiamos pensar naqueles que si estan agardando por nós durante o traxecto. Apoiarnos neles, querélos, amálos

 

... Buscar os nosos Mr. Jingles... e tamén compartilo. Talvez, cheguemos a Vilarato, e, senón, facer que a nosa milla verde se pareza a Vilarato o máis posible.

 

 

1 comentario

Jairo I. -

preciosa película y mensaje.
Sigue con el blog que aunque a veces parece que ndaie lo lee...ten claro que sí.